O BNG agarda polo PSOE en Vimianzo e Carnota

0
539

nocedaantelo

Para apuntalar maiorías sólidas.

Os BNG conta con dous alcaldes nacionalistas en Vimianzo e Carnota. O primeiro, Manuel Antelo Pazos foi o gañador das eleccións e o segundo, Moncho Noceda perdeu contra o popular José Oreiro pero logrou o respaldo do PSOE para coller o bastón de mando.

Os dous mandatarios xa comenzaron a traballar pero a súa situación de minoría obrígannos a tenderlle a man o PSOE. A situación de Vimianzo é complexa e Antelo Pazos xa expresou a súa vontade de incorporar os tres concelleiros socialistas para poder sacar as cousas adiante.É consciente de que unha oposición formada por 9 edís pode ser un martirio. E ademáis se non se acada un matrimonio real, poden comenzar a abrirse outras alternativas hoxendía improbables. Pero na a política é a política.

 

O alcalde de Vimianzo xa amosou a súa intención de que contar cunha adicación exclusiva similar a do anterior alcalde, e tamén contratar a un asesor ou persoa de confianza, xustificando que se tería unha adicación menos co executivo socialista dos últimos anos.

 

Pola súa banda, Moncho Noceda, que alertou da anemia económica co concello de Carnota, conformaráse cunha adicación exclusiva non superior os 2.000 euros brutos.

Tanto Antelo como Noceda agardan poder pechar un pacto cos representantes socialistas José Antonio Miñones e Suso Campos, para poder desenvolver unha singladura sen tormentas.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí