O noso Galopato cibernético xa ten tres anos de vida. Tres anos de compromiso coa Costa da Morte. Con Xallas, con Bergantiños, con Soneira e Fisterra.Tres anos de esforzo que pagou a pena. E hoxe sopramos as velas moi contentos por tantas visitas que recibimos e por tanto apoio. GRACIAS.
ANOSACOSTA mantén a súa filosofía de pluralidade e de defensa e promoción da Costa da Morte,tentando ser un caderno de bitácora da súa actualidade. E tanto a dirección coma o grupo de colaboradores que temos ( e ós que agradecemos o seu traballo as veces anónimo), estamos moi felices e contentos dos milleiros de visitas que recibimos e do apoio e calor humano da inmensa maioría dos nosos lectores. Imos a continuar con máis forza porque este éxito acadado é precisamente o que nos impulsa definitivamente " a acometer un reto máis profesional e ambicioso do que vos iremos informando pouco a pouco". Porque sodes parte desta familia, e por iso hoxe queremos soplar con vos a tarta de cumpreanos. FELICIDADES E GRACIAS POR FACERNOS TAN FELICES!!!