Andrade e Xan García posiciónanse na crise de Terra Galega.

0
630

Image

Nun país cun tripartidismo moi acentuado e ante un inminente adianto electoral, Terra Galega vive unha situación moi complexa, cunha guerra aberta entre o sector encabezado polo Presidente Pablo Padín e o coordinador xeral, Xoán Gato. Na bisbarra, Xan García Pouso e Manuel Andrade están aliñados co político de Narón que parece o claro gañador deste pulso.

Image

Ante a pretensión de Pablo Padín de celebrar un congreso do partido, un sector maioritario de TEGA vénse de posicionar en contra, porque creen que este pretende “facerse ilegalmente co control do partido para despois vendelo ao mellor postor”. E de paso difundiuse un comunicado no que apostan polo liderato de Xoán Gato a fronte deste proxecto político en detrimento de Padín. A Dirección Nacional de Terra Galega reuníase este vernes-noite, coa asistencia de dez dirixentes, entre eles Xan García Pouso e Manuel Andrade Cristóbal, na que se tomou a decisión de impugnar e opoñerse o congreso previsto para este sábado.As agrupacións políticas de Soneira – Fisterra e as agrupacións de Carballo, Fisterra, Coristanco, Zas, Val do Dubra e  Laxe, expresaron o seu respaldo a este manifesto. TEXTO DO MANIFESTO: 1.    Que por riba dos intereses personalistas de calquera militante debe primar o proxecto colectivo de TERRA GALEGA. 2.    Que seguimos apostando por TEGA como a OPCIÓN POLÍTICA NECESARIA para normalizar a situación da NOSA TERRA ante o oligopolio político formado por PSOE, PP e BNG. Consideramos que Terra Galega é a única alternativa válida fronte á submisión dos dous grandes partidos estatais,e do BNG submisión que condena á NOSA TERRA a seguir quedando nun papel secundario e fóra da toma de decisións nos asuntos máis relevantes para o seu progreso e desenvolvemento. 3.    O noso proxecto que xa demostrou ante o pobo galego unha importante aceptación tras converterse na CUARTA FORZA POLÍTICA con 5 alcaldías, 66 concelleiros e 33.615 votos necesita renovar neste congreso os órganos directivos actuais para dar entrada a esta xente nova, cargada de ilusión e proxectos. 4.    Consideramos que o referente necesario para pilotar este proxecto é o actual alcalde de Narón, Juan Gato Díaz, tanto pola súa traxectoria na alcaldía de Narón durante o último cuarto de século -un modelo de xestión, coherencia e dignidade política-, como pola súa capacidade de liderazgo, que o converten no principal elemento cohesionador do partido e no principal activo da nosa formación política.  

 

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí