O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero Rodríguez recibiu fai uns días na Casa do Concello, a Xosé Manuel Lema, co que mantivo unha entrevista. "O Meu balance deste ano de goberno á altamente positivo e satisfactorio", comentou o alcalde nacionalista, que está convencido de que a ampliación do Polígono de Bértoa e o Plan Xeral serán actuacións claves para o futuro do municipio. Este é o resumo do encontro.
CON EVENCIO FERRERO, EN CARBALLO.
Eran preto das catro da tarde dun día da semana. Cheguei a Carballo e non tiven problemas para aparcar. " Xa cho dicen. Só pode haber algún problema puntual" comentoume o alcalde que chegou con puntualidade británica. Como a mín me gusta. A cita, que se prolongou por espazo de dúas horas, tiña como motivo continuar coa rolda de entrevistas que estou realizando para un libro sobre a historia política da Costa da Morte. E Evencio é un dos protagonistas. Concelleiro desde 1979 e alcalde carballés desde 2003. Pero tamén aproveitei para facerlle unhas preguntas sobre este primeiro ano de mandato. "O Meu balance deste ano de goberno á altamente positivo e satisfactorio", comentábame Evencio a un tempo que insistía ( e o fixo nun par de ocasións) en tentar darlle moita importancia a ampliación do parque empresarial de Bértoa, "porque se trata da maior obra da historia de Carballo". Cree que este investimento da Consellería de Vivenda será unha catapulta do municipio que goberna a coalición BNG-PSOE. Sobre as críticas constantes do PP, lamenta que "non teñan visión de futuro, e asegura que o bó entendemento existente co socio Viña e cos socialistas se debe a que "Poñemos por riba de todo a Carballo".
Despois de realizarlle múltiples preguntas sobre os seus primeiros anos de actividade política que o inundaron de lembranzas; Ferrero asegurou que o Plan Xeral estará listo para finais deste verán ou principios do outono, e que tamén confiaba na construcción do Mercado, anque apelou a vontade dos propios concesionarios. Está satisfeito cos investimentos que recibe a Casa dos Oficios e non se quere esquencer "do importante esforzo" para mellorar o servizo de atención domiciliaria. E fai mención o crecemento urbano experimentado pola cidade, e opina que serán moi importantes que se ejecuten proxectos como o Temunde, a circunvalación, ou as galescolas. Esta foi esencia da conversa co alcalde de Carballo, con respecto a actualidade. O resto, sustancioso material para o futuro libro.
XOSE MANUEL LEMA