ELECCIÓNS 2.008: UNHA DECISIÓN MOI IMPORTANTE

0
602

Image

Normalmente a maioría das personas teñen o seu voto decidido e saben a quén votarán o vindeiro domingo. Estamos ante unha cita moi importante e que se presenta moi competida. O 9 de marzo estamos chamados a elixir ós nosos representantes no Congreso e no Senado. Ni primeiro caso as listas son pechadas e no segundo, pódese votar a tres candidatos anque sexan de diferentes cores políticas. En Anosacosta.com, ofrecemos hoxe as visións de catro candidatos, ós que lles solicitamos que nos pediran o voto. Son Manuel Varela Rey, do Partido Popular, José Luís Acción Porto, do PSOE, Francisco Jorquera, do BNG,  e Rudy Lamas, de Unión Progreso y Democracia. Creemos que é unha boa idea.

MANUEL VARELA REY(PP): “ Zapatero non fixo nada. Temos a oportunidade de ter un Presidente galego”

Image

"Hai múltiples razóns. Hai que buscar o mellor para nós e para o país. O Partido Popular goberno España durante oito anos, e creo que todos coincidimos en que foi unha etapa moi boa. Un país tranquilo, cun rumbo claro, coa creación de emprego, e unha economía forte. E sobre todo había ledicia na sociedade. Temos que facer un exame e evaluar os catro anos de goberno Zapatero. Este goberno ofreceu que se pode pasar de curso aínda que se suspendan catro, sen premiar o esforzo e o coñecemento. Ofrecerónnos unha sanidade que non mellorou, con listas de espera en atención primaria. Por desgracia no mes de xaneiro rexistramos a maior taxa de paro dos últimos 24 anos. É unha noticia alarmante e hai preocupación. Non hai disponibilidade económica nas familias. Os empresarios empeoraron a súa situación. E en infraestructuras igual, e na Costa da Morte non se fixo nada. Hai que avaliar estas circunstancias e logo decidir. Zapatero non fixo nada pola Costa da Morte. Nin un solo quilómetro de obra nova nos últimos anos. Non se levou a cabo o Plan Galicia  e non se deixou facer a planta piscícola de Touriñán, que se foi para Portugal. Nin os polígonos industriais previstos. Nin comenzou o Parador de Turismo nin o peirao de Brens. Nin saben onde estamos nin lles importa a Costa da Morte. O PP ten o mellor candidato que é Mariano Rajoy, por experiencia, traxectoria e seriedade. Empezou pegando carteis e sendo concelleiro. Temos a oportunidade de ter un galego coma presidente. Con Mariano Rajoy non padeceríamos o olvido ó que nos veñen sometendo os socialistas. Esa é a clave".

 

JOSE LUÍS ACCIÓN PORTO(PSOE):"O PSOE ten a capacidade real de decisión"

Image

Ninguén sobra pero somos os  que temos capacidade de decisión e claridade de ideas con respecto as necesidades e vías para conseguir que a  Costa da Morte se incorpore a primeira liña de zonas avanzadas de Galicia. O PSdG- PSOE é o máis capacitado para lograr eses obxetivos de mellora da calidade de vida das personas e para sair da situación na que actualmente estamos. A capacidade real a ten o PSOE. Os socialistas foron os que garantiron o famoso oito por cento para Galicia, cunha aportación inicial de 2.000 millóns de euros.As políticas económicas eficaces permitiron  unha política de apoio ós máis necesitados, como a lei da dependencia. Incrementamos as pensións máis baixas, e estamos motivados a continuar así. Se queremos  un goberno firme que nos permita avanzar  e mellorar a nosa calidade  de vida,  en igualdade e liberdade, e non meternos en líos innecesarios. Se queremos manter unha expectativa económica razonable hai que votar o PSOE.

FRANCISCO JORQUERA(BNG):"O BNG garantiza que os nosos problemas sexan atendidos".

Image

“Quero facer un chamamento  a sociedade para que acuda as urnas e que voten masivamente e que participen. Que voten pensando en Galiza e que elixan deputados e senadores que vaian a defender os intereses do noso país. Nun contexto no que están claras dúas cousas, que o Partido Popular non vai a gañar e que non vai a haber maiorías absolutas, o voto o Bloque Nacionalista Galego terán un valor dobre. O BNG garantiza que se é decisivo non vai a haber un retorno as políticas do pasado. Queremos avanzar en democracia, en gasto social, en políticas orientadas a satisfacer as necesidades da maioría social. O BNG é  a única forza que garantiza que os nosos problemas sexan atendidos na política estatal”.

RUDY LAMAS (U.P.y D..):"Que se informen de U.P.y D. antes de votar"

Image

Nunca me gustou pedir o voto directamente  a ninguén. A xente ten suficiente madurez como para saber o que debe de votar. O que si quero facer e invitalos a que se informen do noso partido e das nosas propostas. Por exemplo, na nosa web www.upyd.es.  A política non debe de ser un profesión e unha fase na que uns veciños se deciden a representar o resto da comunidade. Eu fun concelleiro en Ames, e o meu soldo no mo pagou un partido, senón que tódolos cidadáns cose seus impostos. Os e Ames, os de Carballo e os da Costa da Morte. Todos. Preséntome  para representar a tódolos veciños e estou a súa disposición”.

 

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí