Campión provincial de rastro de Coello.
A pasada fin de semana o concello de Mazaricos acolleu o Campionato provincial de rastro de Coello, organizado pola Federación Galega de Caza e pola sociedade “Halcón” de Mazaricos.
O gañador foi o larachés Pablo Cambón Bértoa, que concursou con catro beagles: Clio, Marc, Vela e Risco. Completaron o pódium Antonio Lista Blanco e Juan Formoso Raposo. O mellor can da proba foi “Clio” de Cambón Bértoa.