Mesejo gañou o Torneo dos Milagros

0
601

tenis 56

Mesejo recibiu o trofeo da edila Raquel Grille(PP).

Un ano máis e coincidindo coas festas dos Milagros, celebrouse o tradicional torneo de tenis, baixo a organización do departamento de Deportes.

Vinte xogadores competiron, e o final o que se levou o gato a auga foi Juan José Mesejo, que superou na final a Juan Antonio Nogueira. O terceiro posto foi para José Manuel Lorenzo que derrotou na final de consolación o xalleiro Alejandro Rieiro.

 

tenis 60

O pasado sábado, despois da final a concelleira de Xuventude e Deportes, Raquel Grille Boga entrega os premios, acompañada pola técnico Elisa Capelo.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí