Santa Comba acolle este mércores a IV Gala do Deporte.
Tal é como avanzou El Correo Gallego (despois de estar colgada na web municipal) o triatleta Iván Raña será o padriño da Gala do Deporte que organiza o concello de Santa Comba.
A Gala será este mércores, 22 de decembro as 20,30h no Multiusos xalleiro, e premiaránse os deportistas xalleiros máis destacados.
É moi posible que entidades coma o Xallas ou as categorías de base do Santa Comba reciban algúns dos recoñecementos. O portal Anosacosta.com colaborou coa Oficina de Deportes cedendo algunhas das fotos da súa propiedade.
Aínda que de momento non recibimos a nota de prensa do concello, xa se pode anunciar a data e a presenza de Raña. Cando haxa máis información para os medios a comunicaremos. Aínda que o evento xa é pasado mañá.