.
O Cicasa Santa Comba, equipo do Centro Ecuestre do Xallas, iniciou a tempada gañando na Liga Galega de Horse Ball, fronte a un dos clásicos da competición, Os Cabaleiros do Deza. Os xalleiros forman este ano con Víctor Vázquez, Triana Lado, Roberto Turnes, Amaro Gesto, Bruno Almeida, e a incorporación máis nova, Manuel Rieiro García.
Os outros dous clubes da comarca, Coristanco e Breogán, non poideron colleitar ningún resultado positivo.
Marcador
La Muralla2 12 – Coristanco 0
River Plate Nigrán 6 – La Muralla 7
Cicasa Sta.Comba 13 – Cabaleiros do Deza 2
Vigo Horseball 6 – Breogán Coristanco 2
O Capitán do Cicasa Santa Comba, Roberto Turnes Rey comentou en Radio Líder que a Liga NOHB comenzará a fin de semana do 27 e 28 de febreiro, e pediu o apoio das empresas locais, por medio dos habituais patrocinios, para poder afrontar esta liga de carácter nacional “e seguir levando o nome de Santa Comba por España adiante”. Turnes, que este pasado ano se proclamou subcampión de Europa coa selección española, destacou que o feito de haberse celebrado un Campeonato de España por autonomías (non que tamén quedou segundo coa selección galega), supuxo un forte impulso para a práctica do horse- Ball e o achegamento de máis xente o mundo do cabalo no Xallas.
A vindeira xornada da Liga Galega será o 13 de marzo en Nigrán. O Cicasa conta este ano cun equipo infantil. Ademáis varias das xornadas do calendario galego disputaránse en Santa Comba.