O Soneira derrotaba o Ponteceso no derbi na Primeira Autonómica. E na Terceira Galega, o Bergan gañaba e o Santa Comba empataba.
(A foto do Soneira é da tempada pasada)
.
Na Preferente, as inclemencias meteorolóxicas impedían a celebración do encontro entre Laracha e Santaballés. No outro partido o Dubra gañaba 4 a 3 o Viveiro nunha tarde desapacible en Bembibre. Marcaban Dani, Peque, Luís e Paco, polos locais.
O Soneira superou con claridade o Ponteceso de Mato no derbi comarcal da Primeira Autonómica. Os de Manolito dominaron e superaron a un rival que no segundo tempo non ofreceu unha boa imaxe no municipal. Chegaba o primeiro gol no minuto 20 tras unha execución magistral dunha falta por parte de Vía Rápida que chegou a tocar Fran de Urroa. No segundo tempo chegaría o gol dun impresionante Vituco e o de Matías. Na mesma categoría o Dumbría empataba sen goles no Conco fronte o San Tirso. E con goles de Berto e Leoncio o Unión Clube Cee gañaba a domicilio o colista Esclavitude, que aínda non sumou o seu primeiro punto na tempada.