Polideportivo Anosacosta

0
628

Image

Non todo é fútbol. Neste repaso a xornada deportiva destacamos a victoria do Calvo Xiria en Balonmán, do Agencia AM en básket ou do Bodegón Anchoa en Futbol-sála. Pero tamén falamos dos outros representantes nas distintas competicións. Tamén seguimos invitando os nosos lectores a que visiten o interior da  sección de Deportes,onde atoparán tódalas novidades.

Balonmán

Primeira División

Calvo Xiria-26- Grupo Sigarci-23-

Os pupilos de Marcos Rodríguez sumaron a segunda victoria na tempada, logo de derrotar o asturiano grupo Sigarci por tres goles de diferencia. Nos primeiros dez minutos os carballeses amosaban unha sólida retagarda e un contraataque mortal, pero a partires dahí os visitantes collían o mando da contenda, chegaban ó descanso cun 10-14, e incluso chegaban nos primeiros minutos do segundo tempo a acadar unha renda de seis tantos. Pero o Calvo Xiria demostrou raza e sobre todo ter recursos tanto no parqué coma nos banquiños. E acadaron o marcador definitivo 26-23.

Os máximos anotadores foron David(7) e e Pablo(5). O Calvo Siria ocupa a segunda praza a un punto do Buda Lalín, con dúas victorias e un empate. Os dous conxuntos son os únicos imbatidos de momento.

Segunda División:

Lavadores-37- Conservas Boya Camariñas-15-

O Camariñas chegou a Vigo con só sete xogadores de pista e dous porteiros, e aparte de non ser rival do Lavadores, por riba sufríu unha arbitraxe que desde o clube consideran excesivamente caseira. Para colmo lesionábase Anxo. Na vila palilleira preocupa a falta de efectivos que teñen. Os máximos realizadores foron Alan Fuentes(5) e Felipe Santos(4).

Básket-

Liga EBA-

Santurtzi-76- Vipecón Xiria- 69-

Os carballeses seguen padecenco o maleficio vasco. Partido igualado e durísimo que encauzaron os locais, logo dunha xogada precedida por dous tiros libres errados por Koke Rama, unha tripla que anotaba o Santurtzi e unha técnica a Toni Lorenzo ben aproveitada a falta de tres minutos. O Vipecón e sexto con dúas victorias. Máximos anotadores,Pantín e Puñal,con doce puntos.

Autonómica-

Recimil- 68- Agencia Am- C.B. Baio-79-

No segundo cuarto os de Jorge Mosquera apretaron o acelerador e conqueriron un decisivo parcial de 12 a 32. Nos últimos minutos foron recurtando distancias os locais.

Xavi (23 pts) e Ariel(17) foron os máximos anotadores.

Fútbol- Sala-

Primeira División Nacional "B"

Bodegón Anchoa-7- O Esteo-4-

Os de Juan Jesús conseguiron a súa segunda victoria consecutiva na casa con goles de Miguel(3), Dudo(2), Mané e Aitor. Segue resolvendo bastante ben o equipo fisterrán a pesares das baixas coas que conta. O Bodegón Anchoa saiu con Quino, Marco, Mario,Miguel e Dudo. Tamén xogaron Didier, Aitor, Santi, Mané e Pana.

A foto que ilustra a noticia foi extraida de www.xiria.net, na sección de balonmán.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí