ESPECTACULAR VICTORIA DO CASTRIZ

0
761

Image
O Castriz gañaba a domicilio en Corme, nun partido no que se anotaron once goles.Mentras en Fontenla Xallas e Baio empataban a un gol. E o Cee vencía ó Dumbría.Máis información dentro da noticia.

Por Xosé Manuel Lema

CEE-1-DUMBRÍA-0-

Un gol do capitán, Dani Freire fixo que o Cee se impuxera ó Dumbría neste encontro da primeira autonómica, nun partido con emoción, unha afición entregada,e certa intensidade.Foi expulsado o ceense Tropi,que milita esta tempada no equipo que preside José Manuel Pequeño.

Corme -4- Castriz-7-

Un resultado espectacular no Cairo. Un deses encontros que fan afición e brillan con luz propia,rachando as habituais estadísticas e facendo grande o fútbol. Como nos contaba o xogador xalleiro,Jota foi un deses partidos que a todo futbolista lle gusta disputar. O Castriz arrancou fulminantemente cun 0 a 2.Pero o equipo de Manuel Genaro conseguiu ir ó descanso. Cu 2-2. En segundo tempo chegaron sete goles máis.Polo Castriz marcaron Mauri,2,Nolito,2,Koeman,1,Sebas,1, e Alberto,1,.

Image
Xallas-1-Baio-1-

Moito menos disfrutamos os que eliximos o partido de Fontenla. O campo pareciu facérselle un pouco grande ós dous conxuntos.

Image
Capelo formou con Herrera, Rubén, Amarelle, Alvaro, Carteiro, Ricardo, Alex, Jesús,Ovidio,Toni e Jaime.

Image
Fran Cousillas alineou a Trucho, Mario, López, Sergio Suárez, Ramón, Pensado, Javi, Dani, Felipe Oróns, Alberto, e Carlos.

O partido non tivo moita historia. E a primeira parte poderíase olvidar. Tímidas incursións,falta de concreción e de puntería. En todo o encontro houbo múltiples entradas e protestas.Tivo características de derby.

No segundo tempo Ovidio fixo lucirse a Trucho, e o fisterrán Toni tamén probaba fortuna. O baiés Alberto tivo nas súas botas unha ocasión clarísima, e Felipe Oróns entraba ata a cociña nun par de ocasións.Tamén foi interesante a entrada no campo de Martín Fuentes. E logo chegou o regalo do Xallas,coa defensa desconcertada mollaba Alberto era 0a1. E no treito final a entrada de David Pose e José Angel mandaban ó Xallas ó ataque.E chegou o gol de José Angel ó lanzar unha falta que tocou nun xogador.E logo chegaron as ocasións de Ovidio, Jesús e Toni.
Image
(Instantánea dunha das ocasións que estivo a piques de ser gol) 

O Baio-tal e como recoñecía o técnico Fran Cousillas- daba por bó o empate e pedía remate,ante un Xallas que seguía medrando. E o final reparto de puntos.Mañán atentos os resultados dos partidos e o luns, desde as 3 da tarde espérote no 107.9da FM. Ah, gustoume a solvencia de Ricardo polo Xallas, e a vida que aportou ó partido o laxense,Felipe Oróns.

CRÓNICA E FOTOGRAFÍAS por Xosé Manuel Lema en exclusiva para anosacosta.com

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí