O xove comunicador ceense Adrián Leira é outra das novidades na nova tempada informativa. Desde hoxe mesmo convírtese en Xefe de Deportes desta casa. O aumento da cobertura deportiva é un dos obxetivos inmediatos de Anosacosta. E desde xa,contamos con Adrián na familia do galopato. Na sección Deportes podes ler os seus artigos.
Moitos xa o coñecerán. Pese a súa xuventude xa amosou o seu bó facer en RadioLíder, Radio Nordés ou Radio Neria. Adrián Leira López incorpórase a Anosacosta, coma responsable de Deportes e coma correspondente informativo na comarca de Fisterra.Agardamos que este vencello entre esta web e Adrián Leira sexa duradeiro.Benvido campión!.
En base a esta fichaxe tamén están de noraboa os ouvintes de Punto Radio Noroeste –Radio Líder (107.9FM) nas bisbarras de Xallas, Bergantiños e Soneira, porque o noso querido Adrián entra no equipo de colaboradores do programa Noroeste-Deportivo que presenta Xosé Manuel Lema,e que volve a emitirse o vindeiro luns.