O clube Radio Control Carballo fixo un bó papel no campionato galego de resistencia, xa que aparte de ser o encargado da organización da proba, que se disputou no circuito que teñen habilitado no polígono de Bértoa, o equipo rematou na terceira posición. Pola escadra carballesa pilotaron Cristian Pardiño, Fernando Pardiño e Marcial Vázquez. O iunior Cristian Pardiño é un referente a nivel galego na súa categoría e xa pelexa cos máis veteranos, ocupando o posto 15 no ránking. O seu pai, Fernando Pardiño Busto, ocupa a duodédima praza na clasificación galega de vehículos de radio control, na súa modalidade. A pesares de que ainda acaba de nacer, o Clube Radiocontrol Carballo xa organizou varias carreiras, sitúandose xa coma un referente deste deporte.