Xalleiros na elite doHorse-Ball

0
606

Image

O Cicasa Santa Comba segue sendo noticia. Tres dos seus compoñentes están preseleccionados co combinado español e disputarán un torneo o vindeiro 7 de xullo en Ponte de Lima-Portugal. O mesmo tridente deportivo, representará a Galicia no Campionato de España por autonomías. Dous Cabaleiros, Roberto Turnes e Julián Souto e unha amazona, Triana Lado.Unha nova mostra do éxito do Centro Ecuestre do Xallas.

 

 

 

 

Image

Roberto Turnes Rey xa defendeu as cores de España no pasado mundial de Buenos Aires e confesa que é algo emocionante e moi fermoso. Este ano é un dos dazaseis preseleccionados no combinado que dirixe Bertrand Leclerq. Tamén están na lista, Julián Souto e Triana Lado. Oito serán os finalmente elixidos, que disputarán o mundial de finais de xullo en Portugal. Pero antes hai máis citas e a axenda dos novos cabaleiros está bastante apretada.Recapitulemos.

Image

 

Esta fin de semana, Turnes, Souto e Lado viaxarán a Braga para participar nun torneo internacional, representando a Selección de Galicia, coa que competirán no campionato de España de autonomías nas vindeiras semanas. Antes da celebración do torneo nacional, aínda terán que participar en Ponte de Lima-Portugal nun novo torneo onde o seleccionador Leclerq ultimara a relación dos oito mundialistas. Será o 28 e 29 de xuño.Despois virá O Campionato de España absoluto que se celebrará entre o 4 e o 6 de xullo, en Cardedeu-Barcelona. E por último de novo en Portugal, o Mundial de horse-ball.Desexamos a mellor das sorteos ós tres deportistas xalleiros, aínda que xa é un merito que os tres representen a Galicia no Campionato nacional, e estén, de momento, preseleccionados e preparando un Mundial.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí