V CARREIRA ESCOLAR CONTRA A DROGA

0
626

 Image

A Concellería de Educación, Xuventude, Cultura e Deporte de Santa Comba organiza este ano  V CARREIRA ESCOLAR “DEPORTE CONTRA A DROGA”, na que participarán máis de 600 escolares dos centros educativos da localidade, os colexios “Pepe de Xan Baña”, Barrié de la Maza”, “Nuestra Señora Inmaculada” e o Instituto “ Terra de Xallas”.

Esta actividade naceu para tratar de inculcarlle á xuventude que o camiño da vida saudable e relacionada co deporte é a mellor maneira de alonxarse desa lacra social que son as drogas hoxe en día. Esa laboura de concienciación entre os máis novos cómpre que manteña unidos a institucións públicas, centros educativos, entidades deportivas e pais; co obxectivo común de que os nenos e xóvenes xalleiros estén sempre máis préto da actividade deportiva que do escuro mundo dos vicios insanos.

 Esta carreira, non competitiva, contará como invitado cun histórico do deporte galego, o ex ciclista Marcos Serrano. Queremos unir a todo o colectivo escolar de Santa Comba baixo un lema común: “Non ás drogas, sí ó deporte”.

 A 5ª edición da Carreira terá lugar o vindeiro venres 30 de Maio a partir das 11 da mañá. A saída será desde a Rúa Rosalía de Castro e a chegada, na Praza da Casa da Cultura. A Organización entregará agasallos  a tódolos participantes.

 

 

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí