FÚTBOL-SALA EN SANTA COMBA

0
643

Image

A Liga, patrocinada por Xallascasa Promociones,  tivo como vencedor ó equipo de A Nosa Taberna. A Copa, co patrocinio de Romar Bus, comezou esta mesma semana. A gran final da Copa o 3 de maio porá broche de ouro a un ano interesantísimo.Tras seis meses de competición, a tempada do fútbol sala en Santa Comba toca ó seu fin. A entrega de premios aos campións de Liga- xa rematada-;  e de Copa- en disputa- o vindeiro sábado 3 de maio no Pavillón de Fontenla marcará un brillante epílogo para o fútbol sala xalleiro.

Ese día xogarase a Final de Copa, tras a cal, desfilarán pola pista tódolos triunfadores. A organización correrá a cargo da  Concellería de Deportes, que dirixe Javier Facal, e contará coa inestimable colaboración como patrocinadores de dúas empresas de referencia da localidade, Xallascasa Promociones S.L e Romar Bus.Nesta edición participaron na Liga e na Copa xalleira 17 equipos, maioritariamente do concello de Santa Comba, aínda que tamén houbo representación de concellos limítrofes como Zas, Val do Dubra ou Mazaricos. Máis de 200 xogadores pasaron polos Pavillóns Municipais  de Fontenla e Traba durante os 6 meses de Liga; co que este evento se afianza como un dos máis prestixiosos no deporte do fútbol sala no triángulo noroeste da provincia da Coruña.

 O Cadro de Honra da competición de Liga quedou da seguinte forma:

XX LIGA CONCELLO DE SANTA COMBA

– CAMPIÓN : A NOSA TABERNA

(TROFEO E PREMIO DUNS CHÁNDALES PATROCINADO POR XALLASCASA PROMOCIONES S.L.)

– SUBCAMPIÓN : PULIDOS MAROÑAS- COMERCIAL RODRÍGUEZ

(TROFEO E PREMIO DUNHAS SUDADERAS PATROCINADO POLO CONCELLO DE SANTA COMBA)

– 3º CLASIFICADO: CAFETERÍA TALLADAS

(TROFEO E PREMIO DUNS CHUVASQUEIROS PATROCINADO POLA CONCELLERÍA DE DEPORTES DE SANTA COMBA )

– 4º CLASIFICADO: CERVECERÍA A CATEDRAL

(TROFEO  PATROCINADO POLA CONCELLERÍA DE DEPORTES DE SANTA COMBA)

– MÁXIMO GOLEADOR: Francisco Blanco ( Bar O´Horreo):16 goles.

(TROFEO  PATROCINADO POLA CONCELLERÍA DE DEPORTES DE SANTA COMBA)

– PORTEIRO MENOS GOLEADO: Santiago Pose ( Pulidos Maroñas- Comercial Rodríguez.):1,1 g./p.

(TROFEO  PATROCINADO POLA CONCELLERÍA DE DEPORTES DE SANTA COMBA)

 

 

IV TROFEO CONCELLERÍA DE DEPORTES  DE SANTA COMBA

– CAMPIÓN : BAR ZURICH

(TROFEO PATROCINADO POLA CONCELLERÍA DE DEPORTES)

– SUBCAMPIÓN : MÁRMOLES ARIJÓN

(TROFEO PATROCINADO POLA CONCELLERÍA DE DEPORTES DE SANTA COMBA )

– MÁXIMO GOLEADOR: Adrián Prol( Bar Jallas):13 goles.

(TROFEO  PATROCINADO POLA CONCELLERÍA DE DEPORTES DE SANTA COMBA)

– PORTEIRO MENOS GOLEADO: Jonathan Espasandín   ( Mobelport): 2,0 g./p.

(TROFEO  PATROCINADO POLA CONCELLERÍA DE DEPORTES DE SANTA COMBA)

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí