O Cicasa Santa Comba de horse-ball, pertencente ó Centro Ecuestre do Xallas, disputa esta fin de semana un paso decisivo da Liga Noroeste. O equipo viaxa a Palencia onde vai a celebrar encontros fundamentais para o final da competición. O Capitán Roberto Turnes manifestaba en Noroeste-Deportivo que xa era un éxito chegar a esta recta final codeándose con clubes de grande entidade e tradición, pero que con serenidade e esforzo poderíase realizar un papel aínda mellor. Xa parten este venres para chegar con tempo e que os cabalos se encontren acougados para os encontros previstos.
Nunha nota de prensa difundida polo Centro Ecuestre de Xallas explican textualmente que se tomaron medidas de vixiancia cos cabalos:"Se ha reforzado durante esta semana la vigilancia a los equinos, para evitar que pueda ser atacado algún caballo, tal y como sucedió hace unas semana. El caballo Uro evoluciona favorablemente de los 43 puntos de sutura sufridos.Los jinetes desean competir con sus mejores monturas, y aunque suene raro decirlo, tienen que protegerlas. (¿será la envidia?)".
Con todo isto, o representante de Santa Comba na Liga Noroeste de horse-ball está diante duns días moi importantes para unha tempada na que debutan nesta categoría. Alí van dispostos a facer historia: Roberto Turnes, Triana Lado, Víctor Vázquez, Julián Souto, ou Gonzalo Pintos. Anosacosta manteravos informados