Foi unha semana exitosa no aspecto deportivo, no referente a dúas modalidades minoritarias pero na que os nosos representantes teñen moito que dicir. Por unha banda, excelente organización da Carreira de Campións organizada pola asociación Radiocontrol Carballo e por outra, os xinetes do Cicasa Santa Comba seguen a senda da victoria na liga Noroeste de Horse-Ball.
O circuito de Bértoa acollía a prestixiosa Carreira de Campións de Radiocontrol, coa presencia de 39 participantes que causaron sensación cos seus veloces vehículos teledirixidos. Centos de aficionados se achegaron a Carballo para asistir a unha proba que destacou pola súa perfecta organización. Tamén vimos os pilotos locais Cristian Pardiño , de 9 anos de idade, Marcial Vázquez e David Martínez Bello.
A Clasficación quedou así:
1- David Fernández Costas
2- José Antonio Casás García
3- Roberto Valcárcel Vuelta
4- José Porto Andión.
O HORSE- BALL VENTO EN POPA
O Cicasa Santa Comba sumou dúas novas victorias na Liga Noroeste, nos encontros disputados a pasada fin de semana en Lalín. Primeiro vencían ó potente Labiano de Navarra por 6 a 5 con canastras de Roberto Turnes,3, Julián Souto,2, e Triana Lado,1. Na segunda xornada derrotaban ós locais de Cabaleiros do Deza por 8 a 5, con anotacións de Roberto Turnes,3,Triana Lado,2,Julián Souto,2, e Víctor Vázquez,1. Nos xalleiros tamén xogou Iván Piñeiro. O clube de Santa Comba, pertencente o Centro Ecuestre do Xallas, seguen dándonos satisfaccións neste competición de carácter estatal.