Torneo de Tenis en Santa Comba

0
761

AVELINO PAZOS VENCEDOR DO TORNEO DE TENIS  “ OS MILAGROS DE SANTA COMBA.

 Derrotou na gran final a José Manuel turnes Cordeiro  por 6-2 e 6-4. O finalista xogou o partido decisivo pola indisposición de última hora de Juan Antonio Nogueira.

Se nestas datas os grandes tenistas dirimen as súas diferencias deportivas nun apaixoante USA Open, 16 xogadores afeccionados disfrutaron ó longo desta semana dun torneo, quizais menos mediático, pero igual de emocionante, o xa tradicional Torneo dos Milagros de Santa Comba. As pistas do Pavillón de Fontenla e de Traba foron o escenario dos encontros, superficies que pola súa rapidez dan especia ventaxa ó xogo ofensivo. Como o Flusing Medows neoiorquino.
 A finalísima disputárona Avelino Pazos, campión da anterior edición, e José Manuel Turnes Cordeiro, que xogaba o seu primeiro partido decisvo no torneo xalleiro. A balanza inclinouse finalmente do lado de Pazos, tras un partido competido e espectacular. O trerceiro clasificado foi.Manuel Rieiro “ Carteiro”, que venciu na final de consolación a Pablo Pérez Brenlla por 6-´2 e 6-3.
 Á entrega de trofeos asistiu o Teniente- alcalde de Santa Comba, Julio Ferreiro , e todos, participantes, organizadores e colaboradores disfrutaron posteriormente dunha agradable xuntanza con un refrixerio de por medio.

 

 

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí