AVELINO PAZOS VENCEDOR DO TORNEO DE TENIS “ OS MILAGROS DE SANTA COMBA

0
708

Derrotou na gran final a José Manuel turnes Cordeiro  por 6-2 e     6-4. O finalista xogou o partido decisivo pola indisposición de última hora de Juan Antonio Nogueira.

Imagen activa

Se nestas datas os grandes tenistas dirimen as súas diferencias deportivas nun apaixoante USA Open, 16 xogadores afeccionados disfrutaron ó longo desta semana dun torneo, quizais menos mediático, pero igual de emocionante, o xa tradicional Torneo dos Milagros de Santa Comba. As pistas do Pavillón de Fontenla e de Traba foron o escenario dos encontros, superficies que pola súa rapidez dan especia ventaxa ó xogo ofensivo. Como o Flusing Medows neoiorquino.
 A finalísima disputárona Avelino Pazos, campión da anterior edición, e José Manuel Turnes Cordeiro, que xogaba o seu primeiro partido decisvo no torneo xalleiro. A balanza inclinouse finalmente do lado de Pazos, tras un partido competido e espectacular. O terrceiro clasificado foi.Manuel Rieiro “ Carteiro”, que venciu na final de consolación a Pablo Pérez Brenlla por 6-2 e 6-3.
 Á entrega de trofeos asistiu o Teniente- alcalde de Santa Comba, Julio Ferreiro , e todos, participantes, organizadores e colaboradores disfrutaron posteriormente dunha agradable xuntanza con un refrixerio de por medio.

 

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí