Raquel Rodo:”Foi unha experiencia inolvidable”

0
973

DSC_0445

A artista estivo de vacacións en Santa Comba.

Tres anos despois de rematar no segundo posto do concurso “Music Star”, a artista con raíces xalleiras, Raquel Rodo García voltou a terra e desde os micrófonos de Radio Xallas-Radio Obradoiro agradeceu todo o apoio que recibiu naquela experiencia.

 

(A entrevista pódese escoitar completa no blog www.radioxallas.blogspot.com)

 

Rodo quixo “agradecer todo o apoio que me prestaron, porque sentín que Galicia estivo detrás miña”. Para ela “foi unha experiencia inolvidable”, por poder actuar “nun escenario tan grande” e coa popularidade dese certame. Unha das canción que cantara naquela ocasión fora “Silencio” de David Bisbal. Con aquela elección pretendía “que non faltaran as miñas raíces. Bisbal gústame e esta canción aínda era algo coñecida en Suiza”.

 

Con respecto as verbenas galegas non tivo máis que louvanzas en comparanza coas suizas:“Festas con tantas orquestras e tan marabillosas non ai. Alá son festas máis pequenas e con grupos de catro ou cinco persoas e que tocan unha ou dúas horas”. E mencionou a dúas orquestras que lle gustan: Panorama e Los Satélites.

Raquel Rodo segue ensaiando e ofrecendo concertos, compatibilizando todo coa súa profesión na banca.

 

 

SEGUENOS EN TWITTER  @anosacosta

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí