José María Álvarez Castro, Miriam Rodríguez e Basilio Lois gañaron o concurso.
O Festival da Canción xalleira deixou o auditorio do multiusos para trasladarse o Campo da Feira xalleiro. Os finalistas desfilaron polo escenario de El Combo Dominicano para buscar un dos tres premios en cada categoría.
O goberno local estivo representado polo alcalde, Antonio Landeira, e polos responsables de Cultura, María Pose, Xuventude, Raquel Grille, Deportes, José Pose e Comercio, Jacobo Amarelle. Tamén acodiu o portavoz de Terra Galega, Javier Facal.
A final contou co respaldo de varios centos de persoas que participaron nun evento que rematou minutos antes de celebrarse o partido España-Italia. Baixo a presentación de Fran Allo e Alba Caamaño a terceira velada serviu para completar o cadro de honra definitivo.
O xurado formado por Perfecto Pereira, Germán Mel, Javier Otero e Maribel Barreiro decidiu que estes foran os premiados:
RESULTADOS DA FINAL DO IV FESTIVAL DA CANCION XALLEIRA 2012
INFANTIL
1º-BASILIO LOIS CALVO
2º-ARIADNA OTERO LANDEIRA
3º-SAMANTHA LEMA PAES
XUVENIL
1º-MIRIAM RODRÍGUEZ GALLEGO
2º-VALERIA RODRÍGUEZ CAMPOS
3º-KIMBERLY PÉREZ MORI
ADULTOS
1º-JOSÉ Mª ÁLVAREZ CASTRO
2º-IRIA QUINTÁNS PARÍS
3º-CRISTINA SALGADO REY
Nesta finais, actuaron dazasete intérpretes, que se clasificaron das semifinais. O IV Festival da canción xalleira cumpriu a súa cuarta edición cun importante respaldo de público, e cun notable éxito de organización por parte da concellería de Cultura de Santa Comba.