O noso querido artista Fran Allo acaba de gravar na capital de España cinco singles, que están a punto de ver a luz.
Fran Allo acaba de regresar de Madrid, onde gravou cinco cancións que serán a súa presentación nunha nova andaina. Os temas foron compostos polo recoñecido productor Chema Purón. Segundo nos contan os singles son “de estilos variados” e “pronto verán a luz”, e esperan ser o xerme do seu primeiro traballo discográfico. Pero antes, teremos a oportunidade de disfrutar destas composicións de Fran Allo, que xa están preparadas para a súa promoción. O noso Frank-tástico aproveitou para enviar un saúdo a tódolos lectores de anosacosta porque sempre o apoiaron e avisa que chegou “o momento de falar do meu futuro musical e demostrarvos a todos que todo o voso apoio serviu para algo”.