O concelleiro Jacobo Amarelle entregaba os diplomas de cinco cursos de formación
O concelleiro responsable da área de Formación e Emprego, Jacobo Amarelle Barreiro (PP) entregaba o pasado luns os diplomas de cinco cursos de formación pertencentes ao Plan AFD da Consellería de Traballo e Benestar, que se desenvolveron no exercicio 2009.
Os cursos dos que se entregaron os diplomas foron:
– Ebanista
– Carpinteiro
– Aplicacións Informáticas de Xestión
– 2 cursos de Atención sociosanitaria a persoas no domicilio