Hoxe quedámonos cunha fotografía dunha das actividades da Escola Infantil Municipal “A Casa dos Títeres de Cabana de Bergantiños.
O pasado día 7 de abril, o equipo educativo da Escola Infantil Municipal “A Casa dos Títeres”, comenzou a plantación dalgunhas semillas nunha horta para achegar ós nenos e ás nenas ó Medio Natural e acadar os seguintes obxectivos:
– Potenciar o respeto pola natureza.
– Descubrir máis de cerca a procedencia dalgúns alimentos.
– Estimular a observación a través dos sentidos.
– Desenvolver actividades motrices.
– Aprender vocabulario empregado.
Esperamos que estas aprendizaxes sexan experiencias significativas e lúdicas para estos nenos e nenas da Escola Infantil Municipal de Cabana de Bergantiños.