«O Bipartito deixou un saldo negativo»

0
647

Image
A candidata do PP, Marisol Piñeiro asegurou que a xestión do goberno bipartito rematou en “números negativos” na Costa da Morte, e pediu o voto para o proxecto do Partido Popular  “porque imos a responder”, para sair da actual situación de parálise. Piñeiro confía en poder obter a maioría absoluta.

Marisol Piñeiro criticou estes anos de goberno de PSOE e BNG na Xunta de Galicia “porque foi o peor que nos poido pasar. Non fixeron nada e aínda desfixeron. O seu saldo está en números negativos”. A teniente de alcaldesa de Carnota e candidata do PP, denunciou que obras que había previstas como a autovía, o peirao de Brens, ou o Parador de Turismo “non se levaron a cabo”.

Cree que Alberto Núñez Feijóo e o Partido Popular servirán de estímulo para enderezar o rumbo da Costa da Morte e de Galicia.”Estamos ilusionados con Feijóo e o 1 de marzo daremos a volta a esta situación”.

Image

Piñeiro Martínez lamentou “a preocupación que hai na xente pola falta de emprego e a que hai que dar solucións”, e puxo coma exemplo da ineficacia o caso do Polígono industrial de Carnota “que estaba aprobado e o goberno de Touriño eliminouno”. Ante o reto que supón ter que obter unha maioría absoluta para gobernar, Marisol Piñeiro fixo referencia a situación de Carnota, onde no 2003 o PP gañou pero quedouse a un feixe de votos da maioría absoluta, e PSOE  e BNG gobernaron en coalición. Catro anos despois José Orebro lograba esa maioría absoluta. “Daquela en Carnota había un sentimento igual co que hai agora na Costa da Morte e en Galicia e penso que imos a acadar a maioría absoluta”.

Marisol Piñeiro destacou a “capacidade de xestión e de traballo do noso líder e do seu equipo. Hai un compromiso e o Partido Popular vai a responder.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí