O salón de actos do concello de Cee acolleu o domingo, un mitin do PSOE onde José Luís Méndez Romeu defendeu a acción do goberno do PSOE. Un día despois o candidato socialista, Emilio Pérez Touriño visitou Camariñas e Cee, e prometeu apoio as personas que perdan o seu emprego.
Touriño visita a Costa da Morte.
O secretario xeral dos socialistas galegos e candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño mantivo hoxe un encontro con asociacións da Costa da Morte con asociacións da Costa da Morte. Aproveitou a súa visita para facer varias referencias o mundo laboral.
“Comprométome a que calquera traballador, de calquera sector sexa cal sexa, abocado a unha situación de ERE, terán garantido o 90% do seu salario, durante todo o tempo que dure o ERE”, anunciou.
Tamén dixo que “tódalas empresas que teñan redución de actividade, os traballadores poderán acceder a cursos de formación mentres dure a crise, e teñan unha cobertura de custe salarial co apoio da Xunta”.
Na súa intervención subliñou que o paro é súa principal preocupación.
Por iso a maiores comprometeuse a que “si se da a situación de que haxa un expediente de regulación de emprego, comprométome a que se cubra un 13% (as empresas deberan aportar un 7%) para dar o salto do 70% actual ata o 90% da cobertura, para que os traballadores e traballadoras non poidan ver mermados os seus ingresos”, apuntou. Segundo explicou este compromiso estase a debater na Mesa de Dialogo social do Plan da Automocion, por medio do Conselleiro de Traballo.Touriño afirmou “que os traballadores non serán os que paguen a crise sobre o seu lombo, nunca mentres eu sexa Presidente, sempre terán o apoio do Goberno que eu presida”.
Sobre as infraestruturas lembrou que a “maior inversión en infraestruturas na historia de Galicia pasa pola Autovía sen peaxe Carballo – Baio – Berdoias, cun investimento de 340 millóns de euros”.Das inversións na Costa da Morte lembrou o Parador de Muxia, entre outros moitos, pero sobre todo denunciou o abandono do PP nesta zona de Galicia que ten “os mellores paraxes do mundo”. E proseguiu os gobernos do PP “só trouxeron resignacións e atraso, e con eles paro, o desemprego, a incomunicación e a emigración esa foi a colleita do PP”, denunciou.
Fronte a este análise contrapuxo a súa xestión “ eu estou en política para non resignarme. Eu quixen que a Costa da Morte fora o espello do cambio, do que de verdade se pode facer neste pais”.
MITIN EN CEE
Méndez Romeu asegura que o PSOE gobernou sen favoritismos.
O candidato José Luís Méndez Romeu defendeu en Cee a xestión do PSdG-PSOE na Xunta de Galicia asegurando que actuaran sen favoritismos e sen discriminacións hacia os concellos de Galicia. Tamén falou a vice-alcaldesa ceense, Amancia Trillo que destacou os investimentos impulsados polo goberno galego na zona.
Neste acto estivo ademáis presente Francisco Caamaño Domínguez (que este luns era nomeado Ministro de Justicia despois da demisión de Bermejo). Caamaño referiuse ó anterior goberno do PP, do que dixo que o único empeño era gastar en propaganda. ¿Qué terá a Costa da Morte que todos queren pertencer a ela?, preguntouse outra das oradoras, Marisol Soneira Tajes.
As fotos da visita a Camariñas pertencen a páxina do PSOE de Galicia mentras que as do mitin de Cee foron remitidas pola organización comarcal.