Mitin do Bloque sen Anosacosta.com.

0
623

Image
O BNG celebrou un mitin en Santa Comba. Anosacosta.com  non  poido cubrir o evento porque non foi informada con anterioridade, moi ó noso pesar. Este acto contou coa presencia de Julio Ferreiro, e da candidata número dous pola Coruña, Ana Pontón.

Anosacosta.com, con sede en Santa Comba, tiña a pretensión de cubrir os mitins políticos que se celebraron nesta localidade (e así o fixemos co PP e co PSOE), pero lamenta que non fora avisado deste acto político celebrado no Restaurante Molesón. De tódolos xeitos, e en base o noso compromiso informativo ofrecemos con carácter íntegro a nota de prensa e  máis as fotos enviadas pola formación nacionalista, e agradecemos o PSOE e o PP de Santa Comba que nos houberan convidado para os seus actos, como tamén agradecemos  as distintas formacións (incluido o Bloque) que nos veñen informando de diferentes actos en distintos concellos.

Image

NOTA DE PRENSA REMITIDA POLO BNG.

ANA PONTÓN ASEGURA EN SANTA COMBA QUE “CO BNG NA XUNTA POR PRIMEIRA VEZ SE DEFENDERON OS INTERESES DOS GANDEIROS E GANDEIRAS”

Xulio Ferreiro asegura que “as consellarías do BNG foron as únicas que miraron polos intereses de Santa Comba, a pesar dos obstáculos do alcalde”

Santa Comba, domingo 22 febreiro 09. A candidata número dous do BNG pola provincia da Coruña, Ana Pontón, salientou esta noite en Santa Comba nun mitin do BNG que “nos tres anos e medio de Goberno do BNG na Xunta de Galiza por primeira se defenderon os intereses do medio rural galego” polo que animou a que o 1 de marzo “se consoliden estes cambios dando máis apoio ao nacionalismo galego”.
“O Estatuto de Nación servirá para que Galiza negocie directamente con Bruxelas o futuro do sector lácteo galego”
 Nun repaso á actuación do BNG no medio rural, Ana Pontón subliñou que “nestes tres anos e medio démoslle a volta a 16 anos de desleixo do rural galego por parte do Partido Popular”. “Agora -salientou- toca consolidar os cambios e aplicar plenamente as reformas, para o que é fundamental incrementar o apoio ao nacionalismo o 1 de marzo”.
 Así citou medidas como a supresión de axudas para reforestar terras agrarias; a reorientación dos fondos europeos “que deixaron de financiar abandonos e pasaron a axudar a que se incorporen máis de 4.500 mozos e mozas á actividade agraria”; a creación das UXFOR para ordenar o sector forestal ou a posta en marcha do BANTEGAL “para que as nosas explotacións teñan base territorial para seren competitivas”.
 Neste sentido, Ana Pontón salientou a importancia que ten para o agro galego que Galiza conte cun Estatuto de Nación na próxima lexislatura, tal e como defende o BNG. “Ao PP parécelle que non é prioritario, pero para o BNG e para os agricultores e agricultoras galegas non nos é indiferente que Galiza poida negociar directamente con Bruxelas a política agraria e a política que a Unión Europea aplica ao noso sector lácteo, que representa o 50% das explotacións de todo o Estado”, afirmou.

O BNG puxo en marcha unha política social para os máis desfavorecidos

Ana Pontón tamén lembrou que “no 2005 en Galiza non había ningún centro de día público, só privados, que é o modelo do PP, e nestes tres anos e medio o BNG puxo en marcha 57 e sabemos que non chegan, que hai que por en marcha máis”.

Lembrou tamén que “o BNG puxo en marcha o primeiro servizo de transporte adaptado público no Estado Español, que a quen vai beneficiar máis é ao medio rural, onde hai unha carencia grande de servizos de transporte”.

Tamén salientou que “pesar de que as pensións son competencia do Estado puxemos en marcha un complemento para as pensións máis baixos, a pesar da oposición do PP, e agora xa hai 50.000 pensionistas en Galiza que se benefician deste incremento”.

“O BNG foi o único que investiu en Santa Comba, a pesar dos obstáculos que puxo o alcalde”

Pola súa parte, Xulio Ferreiro, portavoz local do BNG, salientou que as consellarías xestionadas polo BNG “foron as únicas que miraron polos intereses de Santa Comba, a pesar dos continuos obstáculos do alcalde”. En concreto, lembrou o apoio para a celebración da Feira Multisectorial; a realización da concentración parcelaria en Bazán e o impulso á mesma en Santa Sabina e Arantón;

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí