“¿Que carallo ten o coche de Touriño?”.

0
652

Image
O candidato popular Carlos Negreira regresou a Santa Comba para pedir o voto, para un partido de propostas e ante un goberno bipartito que, segundo as súas palabras, destacou polos seus despilfarros e excasos feitos. Referiuse "as 50.000 personas que se foron ó paro nestes catro anos". Estivo acompañado por Jacobo Amarelle, Pedro Puy e José Manuel Romay Beccaría.

Image

Unhas 350 personas  déronse cita no Multiusos de Santa Comba para asistir ó mitin do Partido Popular. Rompeu o xeo o portavoz municipal do PP, Jacobo Amarelle Barreiro que fixo unha semblanza dos oradores que había no cartel e pediu encarecidamente  o voto para “un xalleiro máis” coma é Carlos Negreira. “Nadie mellor que el pode escoitarnos e é importante que Santa Comba lle responda” afirmaba Amarelle empeñado en  poñer ejemplos para denunciar a “xestión nefasta do bipartito”, con “Unha lei da Dependencia que non da chegado” ou os gastos superfluos do goberno.”Eu penso que os gastaron en comprar colchóns porque levan catro anos durmindo” comentaba entre aplausos. O portavoz municipal tamén tivo a oportunidade de aludir ó cambio de goberno en Santa Comba.” O Partido Popular sacou a maioría de votos e outros partidos puxéronse dacordo para botarnos e non dixemos nada. E despois nós fixemos o mesmo. En democracia mandan as maiorías”.

Image

O seguinte en falar foi José Manuel Romay Beccaría que definiu o candidato Negreira coma “un home atento, servicial, cariñoso e intelixente” e logo comenzou coas críticas ós gobernos autonómico e central.

“Necesitamos un cambio grandísimo. Zapatero queríamos enganar dicindo que non pasaba nada. Pero o PP ten demostrado como se sae dunha crise e senón miremos ó ano 1996 cando tíñamos un 24% de taxa de paro e uns intereses ó 14%. E logramos sair desa situación. E agora imos facer o mesmo”.

 Romay aludíu a “que agora xa temos listas de espera das listas de espera” e consideraba que Touriño segue a senda de ZP. “Gastaron a Lei de Dependencia en propaganda”, declaraba un Romay Beccaría que estaba convencido de que polo feito de ter a Carlos Negreira Souto no número 1, “temos que ter un resultado especial en Santa Coma. É ímolo a ter”.

Image

E chegou o turno dos candidatos. Por unha banda, Pedro Puy Fraga,  que denunciou a actitude do PSOE  e do BNG cos nosos maiores. “Xa antes se metían con Don Manuel Fraga” e agora cun grupo de vellos “que por riba de pagar tiveron que escoitar a Anxo Quintana”, en alusión a polémica vivida estos días.  Puy cree que o bipartito aplicou a “fórmula de Felipe González” que derivou xa en 50.000 novos parados durante o goberno de Touriño, “creando consorcios para mangonear”. E posteriormente lembrou tres das propostas de Alberto Núñez Feijóo. A supresión do imposto de sucesións, do de trasmisións patrimoniais e a reducción do imposto da renda para “os que gañan menos”.

“ A xente está convencida de que a cousa está mal. Cómo nos van a gobernar o PSOE e o BNG nin tan sequera se poñen dacordo no nome do país. Uns dín que somos Galicia e outros Galiza”.

Image        Image

O broche era Carlos Negreira, ben coñecido polos presentes.  “Cada día hai seiscentos galegos que se van ó paro”. Falou dun “xuiz que era número dous do PSOE  e dun ministro furtivo”, e lembrou a Filesa, Mariano Rubio e a  Luís Roldán. E tal e como fixera en Carballo, falou do costoso Audi máis caro ca do Presidente Obama, e despois de matizar que o deste último tiña lanzagranadas e era máis barato co do político socialista, preguntouse :”¿Qué carallo ten o coche de Touriño?.

Image         Image

Fixo alusión  a algúns lemas de campaña, o do PSOE “Agora non podemos parar…. de gastar” asegurou, e tamén fixo alusión ó Bloque con “Queremos máis”. Verqueu toda serie de louvanzas para Núñez Feijóo  e pediu que se apoiara ó Partido Popular, confiado en que “Temos que cambiar o rumbo da historia.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí