Apostan por unha lonxa comarcal e o Salvamento.

0
703

Image

Os candidatos Carlos Aymerich e Manuel Antelo ofreceron sendos actos en Muxía e Vimianzo nos que fixeron propostas como a de crear unha lonxa comarcal ou unha base de salvamento e afirmaron que a “honradez” foi unha das características da acción do BNG.

O candidato número 3 pola provincia de A Coruña, Carlos Aymerich, animou aos asistentes ao mitin de Vimianzo e ao de Muxía a votar o 1 de marzo ao BNG salientando unha única e fundamental razón: o realizado polos nacionalistas galegos no Goberno da Xunta nestes catro anos. Aymerich resaltou que a traxectoria do BNG se carateriza pola súa honradez e “como froito do traballo feito nesta lexislatura podemos pór enriba da mesa feitos e non proxectos virtuais nunca levados a cabo”.

Image

Continuar coa transformación iniciada polo BNG na Xunta

Asemade apuntou cara o futuro e apelou aos presentes “a dar continuidade a todo o proceso de transformación iniciado polo BNG no Goberno galego. Temos alternativas e propostas para combater a crise, ideas das que se pode beneficiar esta comarca e gañar máis riqueza e maior actividade económica”. Ademáis, considerou necesario promover unha sanidade pública que devolva a ilusión aos profesionais sanitarios, e que sen demora ofreza respostas rápidas á cidadanía.
Non esqueceu as propostas do BNG para o sector pesqueiro e marisqueiro porque “temos claro que se precisa unha nova política que poña en valor os nosos recursos existentes e potencie un sector básico para a nosa economía”. Nesa liña, mencionou a necesidade de dupliar os esforzos en aras á promoción da pesca de baixura.

Antelo fala de apostas de futuro: unha lonxa comarcal e unha base de salvamento na Costa da Morte e avanzar nos servizos sociais.Pola súa parte, o candidato número 7, Manuel Antelo que xogaba na súa casa, fixo mención ás políticas positivas que o BNG desenvolveu para a Costa da Morte. Nese sentido, referiuse á galescola de Muxía, á Residencia da Terceira Idade en Vimianzo, ou o parque empresarial vimiancés que, nas súas palabras “non foi quen de impulsar o Señor Feijoo cando era vicepresidente”. Nesa liña, contrapuxo “a nada do PP en 16 anos de Goberno coas múltiples iniciativas do BNG en apenas 4 anos”.Recolleu o avanzado por Aymerich respeito á potenciación do sector pesqueiro e lle puxo nome e apelidos ao sinalar proposta do BNG de creación dunha lonxa comarcal para promover o ciclo de comercialización dos produtos pesqueiros. Lembrou o acontecido “co Prestige na época dos gobernos do PP, aquí en Muxía, onde vivimos unha das maiores catástrofes ecolóxicas e socio-económicas producidas no mar”. Por iso, demandamos a ubicación dunha base de Salvamento Marítimo na Costa da Morte para evitar desastres como o do Prestige.  Esgrimiu como argumento de confianza as políticas desenvolvidas polo BNG desde a Xunta para esta comarca que avalian a nosa capacidade e o noso interese por revitalizar e potenciar a Costa da Morte

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí