«Nunca houbo tanto orzamento licitado».

0
607

Image
A candidata socialista Marisol Soneira está convencida de que o PSOE cumpríu cos seus compromisos electorais e cree que  “votar polo PSOE  e votar pola Costa da Morte”.  Cree que o Presidente Touriño demostrou a súa atención pola bisbarra.

Hoxe ofrecemos unha nova entrevista en clave electoral. Coa deputada socialista e candidata Marisol Soneira Tajes, que respostaba as nosas preguntas, e facía un balance moi positivo desta lexislatura, na que afirma que quedou demostrado o compromiso do goberno galego e do seu Presidente, Emilio Pérez Touriño.

P-¿Qué debemos de ter en conta a hora de votar?
R-Hai que plantexarse a emisión do voto de xeito egoísta. Hai que valorar ós gobernos polas cousas que fan nas políticas quen nos afectan a nós. Somos coma unha empresa, e debemos de elixir ó noso consello de administración e a nosa xerencia. E logo ádranos os dividendos en políticas sociais, calidade de vida, benestar, etc….

P- Dígame algunha razón para votar o PSdG-PSOE.
R-Hai moitas razóns. A Costa da Morte está vendo como están en marcha os proxectos demandados históricamente. Agora moitos veñen a falar do que van a facer, pero as concrecións fixéronse con este goberno e con este presidente. Unha das primeiras decisións que tomou este presidente, ó día seguinte da toma de posesión  foi que a Costa da Morte tivera un programa específico. A autovía e o porto de Brens están adxudicados. E os polígonos industriais, a Residencia de Vimianzo, ou varias actuacións portuarias. Creo sinceiramente que na historia desta comarca houbo tanto orzamento licitado, con proxectos iniciados ou a punto de comenzar, por valor de 700 millóns de euros.

P- ¿Que opina das críticas do PP?
R-Eu botei en falta que Mariano Rajoy, que o outro día estivo por aquí, non viñera a Camariñas cando foi do Prestige. Porque tamén había chapapote. E foi  este alcalde de Muxía (Félix Porto do PSOE) o que entregou os terreos para o Parador. E non estaba prevista ningunha autovía, o PP tiña outro proxecto, pero o actual goberno cambiou a súa  concepción radicalmente. Teñen caradura política. E falan do que non fixeron en 16 anos.

Image

P- Polo tanto satisfeitos co feito
R-Eu invito ós que son críticos co noso goberno, a que revisen as hemerotecas e mire as obras que se demandaban antes. Tódolos estudios coincidían na autovía, no solo industrial, nos accesos ós portos, etc… Todo iso está ejecutándose. Pero non podemos facer todo cunha variña máxica. A vindeira xeneración de Costa da Morte non collerá o coche para ir traballar. Serán outros os que collan os coches para vir traballar aquí.

P- Pidalle o voto os lectores
R- Eu pídolles que sigan apostando pola Costa da Morte. Este goberno apostou pola Costa da Morte. Temos esa autovía, o peirao de Brens, a estrada Laxe-Ponte do Porto, a Residencia, os polígonos de Vimianzo, Carballo e Cee. Cumprimos coa nosa palabra e votar PSOE  e votar pola Costa da Morte

.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí