O PSOE pide movilizarse porque “nada está decidido”.

0
595

Image
O PSOE ofreceu un mitin en Santa Comba ante unhas 150 personas.  Os oradores insistiron en pedir un voto socialista para continuar co cambio en Galicia. E tamén se lembrou o feito de que estamos a piques de cumplir o primeiro aniversario da moción de censura de Santa Comba.

Entre as aproximadamente 150 personas  estaban o alcalde de Negreira, Juan García Fuentes, e o portavoz municipal da Baña, Enrique Vázquez.. O secretario de Organización local, Angel Souto Mata lembrou que “fai un ano que se estaba firmando unha moción de censura. O PP quería quería volver o o atraso e o despilfarro” . Souto comentaba que na actualidade “Santa Comba está parada”.

Image

Despois interviu José Antonio Ucha , que pediu o voto para o PSOE para continuar co cambio e dixo que a dereita era “exclusivista e demagoga”. Quitou ferro a polémica das cadeiras de 2.400 euros do Presidente Touriño e considerou que Galicia non podia retroceder e ser a das “corredoiras”. O ex alcalde de Santa Comba tamén fixo referencia os intereses que o apartaron da alcaldía “porque o PP non pode vivir sen o poder”, e afirmou que durante o seu mandato había igualdade e claridade mentras que o actual goberno utiliza “o secretismo”.

Image

O eurodiputado Antolín Sánchez Presedo dixo que o PSOE fixera moito por Galicia “xa que é un dos lugares de Europa onde a crise se manifesta con menor intensidade”, e tamén foi optimista cos labregos xa que “Temos menos explotacións, pero máis vacas e producimos máis”. Dixo que este anos de Touriño coma presidente “foron os mellores anos da historia da autonomía”.

O Presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda lamentou que “José Antonio Ucha non estivera de alcalde de Santa Comba” e valorou positivamente o seu traballo desenvolto. Tamén acusou ó PP de de “pór en marcha unha campaña de descalificacións e mentiras”, co único obxectivo de “fomentar a desmovilización e a apatía, para que haxa pouca participación nas eleccións.

Image            Image

Por último, o candidato Xaquín Fernández Leiceaga pediu aos cidadáns “unha participación masiva”, poque “nada está decidido” e os cidadáns “deben optar o 1 de marzo entre  dar un segundo impulso ao cambio e
modernización de Galicia iniciada hai catro anos por Emilio Pérez Touriño” ou “a volta a pasado que suporía un goberno do Partido Popular”.

Leiceaga, afirmou que o Partido Popular “non ten alternativa, nin equipo, nin programa” e que “a súa única estratexia para gañar estas eleccións é fomentar a abstención, que vote o menor número de xente posible”. “Por iso non queren debates”.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí