O candidato coruñés de UPyD, José Anido cree que os actuais partidos con representación parlamentaria apostan “polo caciquismo e as redes clientelares” e que é necesario un “cambio real”. Considera “aberrante” o derroche do goberno galego e pensa que o goberno bipartito foi nefasto para Galicia.
José Anido asegura que Unión, Progreso y Democracia ofrece unha fórmula de “cambio real” frente o que supoñen PSOE, BNG e PP que é “unha aposta polo caciquismo, e de polas redes clientelares”, e de falta de liberdade “porque os cidadáns non poden elixir a lengua na que queren educar ós seus fillos”.
“Hai que dar solucións os problemas reais escoitando os cidadáns” afirma o candidato do partido de Rosa Díez, que se pregunta “como é posible que haxa familias sen ingresos e con este paro que os gobernantes da Xunta gasten máis de 2.000 euros en cada silla. É algo aberrante”
Utilizan o exemplo de Rosa Díez para soñar con obter representación no Parlamento de Galicia:
“A nosa voz vaise a escoitar no Hórreo. UPyD será a sorpresa e entrará no Parlamento de Galicia como Rosa Díez entrou no español”.
O candidato Anido aproveitou a oportunidade para lanzar unha mensaxe:
“Só pido os cidadáns que entren na nosa web ou se acerquen as nosas mesas informativas , e logo de ter a información que reflexionen, e que se están convencidos que nos apoien”.