“O Plan de Acuicultura foi un disparate”.

0
629

Image
A candidata de Esquerda Unida  as vindeiras de eleccións autonómicas expresou a súa oposición o Plan Acuícola da Xunta de Galicia que foi feito “sen consenso”. Yolanda Díaz pediu o apoio das xentes de esquerdas porque considera que “o bipartito defraudounos” e denunciou a creación de "Chiringuitos" por parte do BNG.

Outra voz que sumamos na nosa intención por ofertar as diversas opcións políticas desde o noso compromiso coa pluralidade. Esta vez finámonos en Yolanda Díaz, candidata de Esquerda Unida a presidencia da Xunta de Galicia.

O tema máis cercano que tratou foi o referente o Plan de Acuicultura da Xunta de Galicia. “ Foi un Plan sen debate coas zonas afectadas e cos axentes cidádans. Non houbo consenso é supón un agravio medio ambiental. Este Plan é un disparate”, afirmou a política nacida en Fene.

“O Bipartito defraudounos”

Desde Esquerda Unida teñen a esperanza de poder obter representación parlamentaria.

“Os galegos reclaman unha voz alternativa e de esquerdas no Parlamento Galego. Temos ilusión de que todas esas personas que se senten defraudadas polo bipartito lle dean a súa confianza a Esquerda Unida”.

Image

Yolanda Díaz denuncia as "oposicións a carta" e os "chiringuitos" do BNG.

A política de Ferrolterra dixo que o bipartito defraudara "porque non se desenvolveu un modelo de país cun novo modelo estatutario e non se  cambio a lei electoral porque non houbo vontade política".Yolanda Díaz denunciou tamén as prácticas do BNG , de privatizar os servizos públicos ó traverso do Consorco Galego, a creación de chiringuitos  ou as “oposicións feitas case a carta para poñer ós seus”. Frente a este  “modelo económico depredador” que avalan PSOE e BNG, Esquerda Unida ofrece “unha política nítida de esquerdas” que se preocupe xa de primeiras pola “situación de pobreza e de paro que se vive”.

PODES ESCOITAR A ENTREVISTA CON YOLANDA DÍAZ NA NOSA SECCIÓN DE RADIO A CARTA.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí