O BNG presentou ós seus candidatos da zona.

0
582

Image
A sede do BNG en Carballo acolleu o acto de presentación dos representantes desta formación pola bisbarra e que son Manuel Antelo Pazos, Xosé Regueira, e Óscar Insua. No acto estivo presente, a candidata nº2 pola Coruña, Ana Pontón e anunciouse a visita de Quintana a Baio.

Ana Pontón comentou que os políticos da zona que forman parte da lista son xente “con ampla experiencia e capacidade política e un nivel importante de traballo”. E no caso concreto de Antelo Pazos e Xosé Regueira “van en postos altos e temos a esperanza de que poidan formar parte do noso próximo grupo parlamentar”.

A actual deputada autonómica destacou o “traballo de transformación de Galicia” levado a cabo polo BNG, e afirmou que “ese cambio pódese ver na Costa da Morte e en Bergantiños, que foron dúas das comarcas máis castigadas e esquecidas polos gobernos do  Partido Popular “.

Image

Pontón citou de modo xenérico ós avances en servizos sociais, solo industrial, galescolas ou “a posta en marcha do Parque de Megalitismo”. Afirmou que o BNG refrendou “o seu compromiso con este territorio”. E que agardaba obter nos vindeiros comicios uns “resultados históricos”.

Desde o BNG informaron que o candidato nacionalista, Anxo Quintana ofrecerá un Mitin o vindeiro sábado, 14 de febreiro no Polideportivo de Baio- Zas.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí