Terra Galega presentouse en Carballo.

0
659

Image
Unha duascentas personas asistiron a presentación da candidatura de Terra Galega no Pazo da Cultura nunha noite e climatoloxía adversa. O candidato  Xoán Gato completou unha xornada enteira en Carballo amosando as súas esperanzas de entrar no Parlamento galego e ser a chave do futuro goberno.

Xoán Gato visitou a feira de Carballo, mantivo un encontro con cargos do seu partido, e incluso unha charla con empresarios locais, cos membros da Plataforma da Agra da Lagoa e con representantes da Plataforma Seiruga Limpa. Antes do acto político concedeu unha entrevista a Xosé Manuel Lema. Esta entrevista poderá ser escoitada nas próximas horas nesta web.

Image

Non faltaron os candidatos da zona, Ramón Eirís, Manuel Andrade, Manuel Soto Caamaño, Laura Tasende, José María Calo Varela e Sisa Méndez Vilalta. Nin a maioría dos membros da candidatura. Manuel Andrade Cristóbal actuou coma mestre de cerimonias destacando as dificultades que tiveran neste partido, pero tamén a ilusión coa que afrontan os vindeiros comicios. Tamén interviron Laura Tasende, Jorge López Balado, Sisa Méndez Vilalta e o candidato Xoán Gato.

Gato amosouse convencido de que aspiran a obter entre 2 e 3 deputados e ser chave do futuro goberno. Criticou os derroches económicos do goberno bipartito, a dependencia de PSOE  e PP de Madrid, e a necesidade dun partido nacionalista de corte centrista  que sexa clave para apostar por políticas industriais activas, de fomento do emprego e que insista na vertebración territorial.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí