O Bloque pide unha base de Salvamento.

0
635

Image
Ana Pontón demandou a creación dunha base de salvamento marítimo na Costa da Morte. A candidata estivo acompañada por Manolo Antelo e Óscar Insua nun encontro de afiliados en Vimianzo.

Varios candidatos do BNG participaron nun xantar con afiliados e simpatizantes, que segundo fontes do BNG eran máis de 200.  A candidata número 2 pola Coruña, Ana Pontón demandou a creación dunha base de salvamento na zona:

 “Non entendemos que as competencias de Salvamento Marítimo estean en Madrid, a 800 quilómetros da Costa da Morte” xa que “non é entendíbel que esta política, tan importante para a Costa da Morte, estea dirixida en exclusiva dende Madrid, a 800 quilómetros de aquí, e onde teñen 0 quilómetros de costa”. En concreto, Ana Pontón demandou a “creación na Costa da Morte dunha base de salvamento marítimo con todas as condicións e que conte cun helicóptero propio que permita que a resposta sexa o máis rápida posíbel, porque sabemos que, cando hai un accidente no mar cada minuto conta”.

Image

Antelo Pazos destacou o traballo nacionalista.

O candidato Manuel Antelo Pazos fixo unha defensa da acción nacionalista no goberno da Xunta de Galicia, mencionando a revalorización do Faro de Fisterra; a protección do patrimonio megalítico da comarca a través da adquisición de antas; ou a política de parques empresariais.

“Coa chegada do BNG ao Goberno logramos o parque de Vimianzo, o primeiro parque empresarial da comarca, por moito que o critique agora o PP que nos seus 16 anos de goberno non fixo ningún, e pronto contaremos con parques empresariais en Zas e Cee”.

Image

Antelo tamén falou de galescolas en Zas, Camariñas e Muxía e acusou os alcaldes de Cee e Fisterra de poñer impedimentos para que se levasen a cabo estes servizos.No seu relatorio, fixo referencia ó Xeriátrico de Vimianzo

.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí