Preparando a cita electoral.

0
657

Image

O Partido Popular, PSOE, BNG, Terra Galega e ata a Fronte Popular Galega teñen candidatos das nosas zonas. A grande zona esquencida é a Terra do Xallas que non ten ningún candidato en ningún partido.Anosacosta vai a facer unha cobertura especial as vindeiras eleccións.

Aínda que Carlos Negreira Souto afirma sentirse xalleiro, desenvolve a súa misión política en A Coruña, e deixamos a xuizo de cadaquén que o considere como crea oportuno. A marxe desta circunstancia e salvo despiste dos nosos redactores, ningún partido aposta o máis mínimo pola Terra do Xallas. Se alguén detecta a presencia de algún veciños da zona nalgunha das 19 candidaturas estaremos gustosos en rectificar este artigo.

Polo demáis, O Partido Popular presenta con posibilidades de continuar coma parlamentario ó carballés, Alberto Sueiro Pastoriza, que baixa postos con respecto a 2005, pero de repetir os populares resultados, terá escano. Acompañan a Sueiro, a teniente de alcalde de Carnota Marisol Piñeiro Martínez(16), Perfecto Vázquez de Cabana de Bergantiños(22) e a voceira municipal de Corcubión Gema Freire Insua(24).

 

E o PSOE volve a ter coma máxima referencia a actual parlamentaria, Marisol Soneira Tajes, que tamén retrocede postos e ocupa agora o posto oitavo. Se o PSOE repite resultados entraría directamente. Unha das novidades é a carballesa María Torres Pose(10). Tamén están José Marcote Suárez(15) a larachesa María Palomi Rodríguez Castiñeira(17) e desde a diáspora Carlos Oroña Molina(24). Maria Luisa Tajes Rama figura de reserva.

 

O Bloque Nacionalista Galego ascende posicións ó vimiancés Manuel Antelo Pazos(7), que aínda que ten excasas opcións de sair directamente, sí podería acabar sendo deputado se se renova o goberno bipartito. O carballés Xosé Regueira Varela é o 9, e o voceiro municipal nacionalista de Corcubión, Oscar Insua Lema figura no posto 21. A fisterrana Mónica Góñez e o carballés Vítor Recarey Añón inclúense coma suplentes.

 

Terra Galega tamén leva varios políticos da bisbarra aínda que sen aspiracións ou polo menos con esperanzas moi remotas. A terceira na lista é a concelleira carballesa Sisa Méndez Vilalta. Acompáñana Laura Tasende Cancela de Coristanco(7), o teniente de alcalde de Zas, José María Calo Varela(8), o vimiancés Manuel Soto Caamaño(15), e o carballés Ramón Eirís Pérez(20), Dáse a circunstancia de que todo o grupo municipal de Terra Galega de Carballo está na candidatura, pois tamén o seu veterano líder, Manuel Andrade Cristóbal, é o primeiro dos suplentes.

 

E por último, no noso repaso as listas encontramos ó escritor soneirán, Alberto Lema Suárez que figura coma número oito da candidatura da Fronte Popular Galega.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí