O voceiro comarcal do BNG en Bergantiños, Vítor Recarei,respalda a decisión de que “o voto nunhas municipais se lle permita a quen efectivamente reside no territorio”.
“Desde o BNG sempre defendemos que houbera transparencia que era algo que excaseaba moito. Era un escenario pouco edificante ver o todo o proceso de carrexo de votos, votos falsificados e mortos votando” asegura Vítor Recarei, que tamén aclara que os nacionalistas “demandamos o voto urna para a diáspora”.
No aspecto das municipais opina que “ o máis normal é que o voto nunhas municipais se lle permita a quen efectivamente reside no territorio, porque habia xente que participaba no proceso e que non pisara o concello nin era afectado polas decisións que se poideran tomar”, respaldando a limitación prevista pola administración.
Sobre o impacto que podería ter na bisbarra esta decisión asegura “non ter claro que vaia a alterar o escenario electoral”. Recarei lembrou que deste xeito evitaráse a “romeria de alcaldes viaxando ó extranxeiro”. Con respecto o caso de Carballo comenta:“Eu non recordo que Evencio Ferreiro teña ido en campaña electoral, aínda que si visitou aquel país”.
O coordinador do BNG en Bergantiños calificou de “espectáculos” as continuas viaxes en campaña de moitos dos nosos dirixentes municipais.