Xa podes leer na súa sección, un novo artigo de opinión de Xosé Manuel Lema, baseado no proxecto do Parador de Turismo en Lourido-Muxía, que segundo o documento de Presupostos Xerais do Estado, se retrasará ata o 2.011.
As diferentes autonomías manteñen un forte pulso por obter a máximo parte do melón dos presupostos xerais do estado. Uns venden a cantidade conseguida e outros se lamentan de que o goberno de turno os maltrata por non seguir o seu baile. Na Costa da Morte, dáse unha situación curiosa. Seguimos levando no lombo unha cruz. Entre os centos de folios e cifras de moitos ceros, encontrámonos con que para o noso territorio apenas hai investimentos do goberno de José Luís Rodríguez Zapatero.
Faltan por mirar con lupa as pequenas cifras. Ou sexa que pode haber algunha pedrea, pero o premio gordo nunca cae aquí. Aínda hoxe me lembro cando ateigados de chapapote, cos corpos cansados e o corazón gastado, mirábamos ó ceo para observar a aterrizase do entón dirixente do goberno, Mariano Rajoy. Alí, no peirao de Muxía quedou patente o compromiso de que esta localidade, acollería un Parador Nacional de Turismo.
O anuncio de Rajoy, foi avalado polo ministro Rodrigo Rato e coa chegada dos socialistas ó poder, o proxecto foi refrendado. A Previsión de investimento , chegou a alcanzar os 16 millóns de euros. Pero de momento non se puso nin un só “ladrillo”.
Non se investiu o millón de euros previsto para o ano 2.006, e segundo os orzamentos do Estado, o proxecto de execución aínda se alonga un ano máis. Coma se non tivera importancia, o Parador de Turismo de Lourido estírase coma un chicle ata o 2.011. O marco financieiro é agora de 11 millóns de euros, pero non podemos estar moi ledos. Aparte do retraso, nin hai proxectos, nin datas fixas, e os trámites seguen camiñando a paso de tartaruga. Coma se as cousas da Costa da Morte non tiveran nunca presa.
Neste artigo, non vou a entrar nas excasas aportacións dos orzamentos do 2.008 para a zona, só atareime a un sentimento: Cada vez que teño noticias do Parador, teño a sensación de que a pantasma do Prestige me visita, que os documentos se tornan en fume, e que seguimos “parados” mentras outros avanzan.