Cianuro e Mineiría

0
913

«Cianuro e minería» é un artigo da Doutora en Química Orgánica, Carmen Varela.


Desde a Plataforma en defensa de Corcoesto nos remitiron este artigo. E nos piden que sexa publicado de xeito íntegro «para evitar a manipulación e mutilación interesada que sofreu por parte de La Voz de Galicia». En Anosacosta publicamos o artigo de Carmen Varela tal e como nos chegou.

 

«CIANURO E MINERÍA:VERDADES DEMOSTRADAS» 

 

 Case unha trintena de elementos químicos (Fe, Ni, Cu, Zn, Co, Cd, Ag, Hg, As,…) poden formar centos de complexos cianurados. A toxicidade de moitos destes complexos NON se coñece. Precisamente se emprega a clasificación “Cianuro WAD” e “Cianuro SAD” nas análises dos procesos de cianuración para evitar ter que proporcionar información analítica detallada sobre cada un destes compostos cianurados (Marsden e House, 1993). 

 

O enxeñeiro Marcelo R. Bellini, autor da tese “Degradación Microbiana de Cianuros”, un prominente defensor das actividades da minería con procesado químico, afirma que “non existe un método químico que resolva, dende o punto de vista técnico (degradación de tódalas formas cianuradas) e de maneira económica, o problema dos residuos cianurados da industria mineira”. 

 

Isto constátase con feitos como os seguintes: 

 

1. No 2000, en Baia Mare (Romanía) un derrame de residuos cianurados arrasou con toda forma de vida centos de quilómetros río abaixo afectando a 3 países (Romanía, Hungría e Iugoslavia). Contaminou o subministro de auga potable de 2,5 millóns de persoas e afectou ás actividades económicas de máis de un millón e medio que viven do turismo, a agricultura e a pesca. 

 

2. No 1999, en Surigao do Norte (Filipinas) un vertido de 700.000 toneladas de colas cianuradas deixou 17 casas sepultadas e 51 hectáreas de campos de arroz inundados, deixando unha contaminación sen precedentes na zona. 

 

3. No 1998, en El Corozal (Panamá) un derrame de residuos cianurados na mina Santa Rosa ocasionou unha enorme mortalidade de peixes e puxo en perigo a vida de moitas persoas. 

 

4. No 1998, en Dakota do Sur (Estados Unidos) na mina Homestake derramáronse 7 toneladas de residuos cianurados arrasando con todo ó seu paso. 

 

5. No 1995, en Omai (Guaiana) liberáronse 4 millóns de toneladas de lodos cianurados, declarándose zona de desastre medioambiental ó longo de 80 km do río Essequibo. 

 

6. No 1994, cerca de Johannesburgo (Sudáfrica) na mina Harmony o colapso dun dique de contención de residuos cianurados enterrou un complexo habitacional e causou a morte a 10 traballadores da mina. 

 

7. No 1992, en Summitville, Colorado (Estados Unidos) un derrame de cianuro causou unha tremenda catástrofe ó longo de 27 km do río Alamosa. A empresa quebrou deixando danos ambientais que, para reparalos, farán falla uns 150 millóns de dólares. 

 

8. No 1992, en Carolina do Sur (Estados Unidos) un derrame dos residuos cianurados na mina de ouro Brewer estendeuse ó longo de 80 km do río Lynches matando uns 11.000 peixes. 

 

9. E así, un longo etcétera. 

Todas estas balsas son primas-irmáns da que está proxectada para Corcoesto. Co agravante de que a de Corcoesto estaría situada encima dunha falla sísmica, o que aumenta considerablemente o risco de rotura. 

 

Con estes datos, isto é, con todas estas verdades demostradas, non fai falla ser un experto, nin un químico, nin sequera fai falla saber ler para imaxinarse que o que nos van deixar nesa megabalsa de residuos vai ter algo máis que auga fresca con azul de Prusia. Un groliño?. 

 

Carmen Varela, doctora en Química Orgánica.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí