Conversa con Iria Bermúdez

0
656

Imagen0453-1

Anosacosta entrevista a artista mazaricana, Iria Bermúdez

IRIA BERMÚDEZ ACTÚA ESTE VENRES NO LUAR

 

IRIA BERMÚDEZ: “AS OPORTUNIDADES QUE XURDAN NON AS DESAPROVEITAREI”

 

DSC02451

 

P- Coñecemos a Iria no primeiro festival da Canción do Xallas, aínda que xa destacaba en varios concursos. ¿Como foron as cousas nestes últimos tempos? 

R-Pois a verdade é que nos dous últimos anos estiven bastante atareada porque me tocou empezar coa carreira de enfermería en Vigo e compaxinala ó mesmo tempo cos estudios do conservatorio en Noia, que recientemente acabei; polo tanto, non me quedou moito tempo para dedicarlle a festivais e concursos, pero continúo formándome. E a parte saiume un traballo no que saco algúns cartiños dunha maneira que realmente me gusta, que é cantando, posto que me dedico a cantar nas misas (bodas, bautizos, comuñóns, funerais…) nos meus días libres con unha compañeira do conservatorio.

 

P- Supoño que non deixarías de evolucionar…

Desde o meu punto de vista, dado que non deixei de formarme, pois penso que non. Ademais gústame moito aprender cousas novas, progresar e correxirme a min mesma; son moi perfeccionista. De feito, agora que acabei o grao profesional de guitarra decidín continuar cos meus estudios de canto nun conservatorio de Vigo.

 

P- Por certo, supoño que agora estarás moi ilusionada coa participación no Luar da Tvg

Pois si, no 2007 xa estivera alí, e desta vez xa levaba algo de orientación, e coa nova versión da canteira de cantareiros, que é Recantos, estou moi ilusionada e máis agusto aínda, e máis agora, que xa coñezo a todos os meus compañeiros. A verdade é que conxeniamos todos moi ben e pasámolo estupendamente: cantamos, bailamos, rimos…tanto no escenario como fóra del. E tamén debo mencionar o equipo de guionistas, productores, os presentadores, relacións públicas, cámaras, etc. porque se portan xenial con nós e fan o posible para que nos sintamos ben aportándonos o que necesitemos, proporcionándonos liberdade, permitíndonos facer suxerencias e facilitando a nosa asistencia.

 

T7bzY0EUPqiAQpZtRnlp.0 (1)

 

P-¿Algúns proxectos máis? 

R-De momento estoume centrando bastante nos meus estudios de enfermería, de canto e en seguir formándome, pero se seguen presentándose experiencias coma a que estou vivindo agora non as desaproveitarei.

 

P- A modo de curiosidade, dinos os teus artistas favoritos? 

R-Non sei se o comentara algunha vez, pero a verdade é que teño uns gustos bastante peculiares e de artistas non moi coñecidos para os galegos, pois a min a parte de gustarme o canto lírico, onde teño que destacar a Monserrat Caballe, gústame a música pop-rock inglesa e americana, sen deixar atrás os grandes clásicos galegos e galego-portugueses, como son Negra Sombra, Lela, Un Sospiro…

Como artista coñecido a nivel mundial podo nombrar a Whitney Houston, Celine Dion…e sobre todo Kelly Clarkson pola calidade dos seus directos.

Podo nombrar tamén dous grupos que aquí tampouco son moi coñecidos, pero tamén son a miña inspiración: within Temptation e Nightwish.

E pensando en artistas españois ou sudamericanos, pois quedaríame con Chenoa pola súa grande calidade artística e polo rexistro de voz, e con Luis Fonsi.

E como grupo favorito para min os deuses van ser sempre Maná.

 

P- ¿Algo que queiras dicirlle os lectores de anosacosta.com? 

R-Podo decirlles que me sinto moi contenta de representar á Costa Da Morte e ós seus limítrofes, que eu vou intentar facelo o mellor posible e que de antemán agradezo o apoio de todo o mundo, da xente que me ve todos os vernes ou que vaia verme o día 12. Agradeceríalles moito a todos o voto, xa que é a participación do público a que conta neste concurso para deixar a Costa Da Morte nun bo lugar.

 

4NAn6KOQXw3O6OoQlZUy.0

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí