Santa Comba participará en tres obradoiros de emprego

0
1133

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu ao Concello de Santa Comba un total de 443.069,40 para levar a cabo dous obradoiros de emprego a desenvolver durante os exercicios 2018 e 2019.

Xallas- Barcala-Dubra V

Un deles, o “Obradoiro Xallas- Barcala – Dubra V ”, con un importe de 154.262,40€, para un total de 16 alumnos e cunha duración de seis meses, levarase a cabo xunto cos concellos de A Baña, Negreira e Val do Dubra. Con este obradoiro búscase favorecer a empregabilidade dos mozos e mozas inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil. O módulo formativo que se levará a cabo é o de “ Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes”.

Conecta 2018

Outro obradoiro concedido é o “Conecta2018”, levado a cabo xunto cos concellos de Mazaricos e Dumbría. O importe da subvención concedida é de 288.807€, cunha duración de 9 meses para un total de 20 alumnos traballadores. Os módulos formativos que se impartirán son “Montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión” e “Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais”.

Xallas-Barcala-Dubra IV

Por último, o Concello de Santa Comba participará tamén no “Obradoiro de emprego Xallas- Barcala- Dubra IV”, xunto cos concellos de A Baña, Val do Dubra e Negreira, éste último promotor do mesmo, que incluirá os módulos de “Promoción turística local e información ao visitante” e “ Operacións auxiliares de revestimentos contínuos en construcción”. Un total de 20 alumnos e unha duración de 9 meses, e 288.807€ de subvención.

 

Fonte- Concello de Santa Comba