Vimianzo licita o Servizo de Axuda no Fogar

0
2542

Por un período de catro anos con posibilidade dunha prórroga de dous anos máis.

 

O concello de Vimianzo abriu o prazo de licitación do contrato do Servizo de Axuda No Fogar cun orzamento de licitación de 947.408 euros (ive incluído) e un valor estimado de 1.352.400 euros (ive non incluído).

 

A duración do contrato será de catro anos con posibilidade dunha prórroga de dous anos máis. O prazo de presentación de propostas a este procedemento aberto remata o vindeiro 12 de decembro.

 

Unha das cuestións que provocou polémica en Vimianzo

 

O Servizo de Axuda no Fogar foi un dos temas más polémicos desta lexislatura, xa que traballadoras do servizo e os grupos da oposición denunciaban a privatización dun servizo que funcionaba, desde o seu punto de vista, exemplarmente.

 

O goberno de Adiante Vimianzo liderado por Manuel Antelo Pazos mantivo a súa decisión e agora xa está aberto o prazo de presentación de ofertas.