Hoxe en Carballo triunfou o apoio da Escola Basket Xiria á causa #Carballoennegro , unha campaña de solidariedade en contra da violencia de xénero, na que participan 17 concellos de toda Galicia.
As xogadoras do Vazquez y Reino Basket Xiria, que dende principio de tempada levan símbolos na súa indumentaria de xogo en prol da igualdade de homes e mulleres, vestiron camisetas CONTRA A VIOLENCIA.
O resultado final do partido foi Escola Basket Xiria 63 – CB Laracha 37 , pero estaba claro que o triunfo do partido foi para apoiar esta causa e axudar a educar ós nenos dende moi novos para eliminar esta lacra da nosa sociedade.
Con esta victoria, o equipo mantense líder da clasificación tras 6 xornadas na 2ª División Autonómica, no que é o primeiro equipo de Baloncesto Senior Feminino na historia de Carballo.