I Memorial Abdoulaye Fall Seck

0
731

Na mañá deste sábado 30 de abril, disputouse o I Memorial Abdoulaye Fall Seck, un evento que organizou a Asociación Deportiva Vidú en colaboración co Corme CF e o Muxía FC para recordar ao neno senegalés que faleceu a pasada semana durante o descanso do encontro que disputaba o seu equipo ante a SD Fisterra.

 

Muxía FC 3 – 5 Selección da Costa

 

Muxía FC: Jesús, Louzán, Xan, Sebas, Gusa, Fidalgo, Iván, Santi, Rodri, Marcelino e Cheo. Tamén xogaron: Roi (PS), Pablo, Iago, Lucas, Adrián, Manuel e Alpha (irmán de Abdoulaye).

 

Selección da Costa: José Carlos (UC Cee), Constantin (Sp. Zas), Joel (Outes FC), Álvaro (Outes FC), Manu (Ponteceso SD), Mouhssin (Ponteceso SD), Eloy Villar (Corme CF), Mohedano (CD Baio), Edgar (Soneira SD), Miguel (ED Os Miudos) e Josiño (ED Os Miudos).

Tamén xogaron: Elian (Xallas FC), Lucas (Corme CF), Álex (SD Esteirana), Iago (CD Baio), Xulián (UC Cee), Brais (SD Fisterra), Iker (SD Coristanco), Christopher (SD Fisterra), Bieito (Cabana SD), Nacho (SD Sofán), Flavio (ED Os Miudos), Eloy Cabeza (SD Sofán), Fran (SD Esteirana), Christian (Sp. Zas), Diego Castro (SD Coristanco), Castro (Cabana SD) e Álex (Soneira SD).

 

 

Goles: 0-1 m.2: Eloy Villar cun disparo dende a frontal; 1-1 m.4: Cheo cun disparo cruzado; 2-1 m.15: Roi róuballe a carteira a defensa e supera a José Carlos no man a man; 2-2 m.27: Miguel supera a Roi no man a man; 2-3 m.30: Edgar cun disparo cruzado; 3-3 m.50: Rodri supera a Elian no man a man; 3-4 m.65: Flavio cun disparo dende a frontal; 3-5 m.74: Nacho á saída dun córner.

Árbitro: Luis M. Insua Lago (Colexio coruñés). Estivo moi ben. Campo: Municipal de Arliña (Muxía).

Asistiron uns 300 espectadores entre os que se encontraban o pai e os irmáns de Abdoulaye. Incidencias: Antes do comezo do encontro, o pai de Abdoulaye recibiu de mans de Gusa, capitán do Muxía, un cadro cunha foto do seu fillo. Ademáis de gardarse un minuto de silencio, o partido detívose no minuto 6 (dorsal co que xogaba Abdoulaye) para que unha gran ovación fixese tremer o municipal muxián en recordo ao xogador senegalés. No descanso do encontro, realizouse o sorteo dunha camiseta de Pablo Álvarez do New York City, unha do Deportivo, unhas botas de David Villa e unhas do deportivista Luisinho co que se recaudaron un total de 700€ que irán destinados para a repatriación de Abdoulaye ao seu país natal. No meramente deportivo, o conxunto muxián e a Selección da Costa disputarían un entretenido encontro con moitos goles. Adiantaríase moi pronto o combinado dirixido por David Castro cun gol do cormelán Eloy Villar dende a frontal do área, pero os de Luis Romaní non tardarían en darlle a volta ao marcador con dous tantos de Cheo e Rodri. Antes do descanso, o combinado costeiro aproveitaría uns minutos de páxara dos muxiáns para poñer o 2-3 no instantáneo grazas a dous tantos de Edgar e Miguel. Á volta dos vestiarios, un activo Rodri, que foi do mellor dos locais, faría o empate a tres goles logo de superar a Elian no man a man. Tras esto, os visitantes levarían o peso do partido e o muradán Flavio e o sofanista Nacho poñerían o definitivo 3-5, pero antes do pitido final, Alpha, irmán de Abdoulaye, a piques estivo de adicarlle un gol ao “6” muxián pero un defensa salvaría in extremis o gol do cativo senegalés. Tralo remate deste emotivo encontro, Martín Varela, en nome da Asociación Deportiva Vidú, comprometeuse co clube muxián para que este evento se prolongase no tempo e seguir recordando a Abdoulaye cun evento deportivo que se celebrará anualmente no Municipal de Arliña.

memorialabdoulaye

 

FONTE NOTA DE PRENSA ORGANIZACIÓN

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí