Frutífera acción de Mar de Fábula en Touriñán

0
601

A asociación Mar de Fábula organizou  unha xornada de limpeza da costa de Touriñán, no concello de Muxía, coa participación dunhas vinte persoas que recolleron 32 sacos grandes “cheos de plásticos máis unha morea a granel: estachas, bidóns, caixas rotas, redes desfeitas, nasas de polbo, anacos grandes de boias, plásticos e plásticos de toda caste”.

 

A acción desenvolveuse pola enseada, a zona de bolos e monte arriba. Algúns dos voluntarios tamén retiraron lixo do coído de Moreira. Contaron coa colaboración do concello de Muxía que trasladou todo o material para a súa clasificación no Punto Limpo.

 

Desde Mar de Fábula consideran que “foi unha xornada boa, espléndida coa sensación gratificante e compartida de terlle botado unha man ao mar, á nosa paisaxe, á nosa natureza”.

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí