Perigosos arames de espiño nos montes de Laxe

0
666

A asociación medioambiental Contramínate denunciou diante de Garda Civil a existencia de arames de espiño atravesando un camiño na parroquia de Soesto, no concello de Laxe.

 

Este cable que obstaculizaba un camiño rural do Monte Chan, preto de onde se pretende construír un parque eólico, supón un perigo para camiñantes e ciclistas.

 

Desde Contramínate piden as autoridades que investiguen este feito e consideran que “en ningún caso debería permitirse cortar o paso un camiño público e menos cando os medios utilizados constitúen un perigo para persoas e animais”.Desde este colectivo lembran os incidentes causados por peches deste tipo noutras localidades de Galicia.

 

Foto- Asociación medioambiental Contramínate

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí