O aspirante a presidencia do Partido Popular na Coruña, Javier Escribano comprometeuse a “dar un xiro de 180 graos” no partido e acusou ao outro candidato, Diego Calvo de “estar atrapado no anterior modelo político”.
Nunha entrevista no podcast “Conversas Na Encrucillada”, Escribano explicou algunhas das súas propostas dirixidas a renovar o PP, como implantar as eleccións primarias e as listas abertas para a elección dos cargos do partido e reducir as estruturas das organización seguindo “o modelo americano”.
O exdeputado autonómico propón un cambio de dirixentes e de plantexamentos para que o PP recupere a “confianza dos cidadáns” e evite dirixirse “cara a porta de saída das institucións”.No Congreso do vindeiro mes de marzo haberá 180 compromisarios que representarán a Costa da Morte.